Blogue en galego con gran variedade de xogos online. Para todos os públicos, dende os máis cativos ata os maiores.
30 novembro 2013
CiberGato
Escolle entre tres gatos diferentes e coidaos como se foran reais. Dálle de comer, lávao, dálle agarimos... fai que estea en todo momento contento.
29 novembro 2013
Desexo de Pastel
Sube ao máis alto das árbores para recoller os anacos de pasteis. Tamén, recolle as peza de froita polo camiño e ten coidado dos malos.
28 novembro 2013
Carreira de coches eléctricos
Boa representación do popular xogo de pistas, o cursor "arriba" será o acelerador. O xogo ten a opción de compartir os tempos na rede.
27 novembro 2013
26 novembro 2013
Carreira de Rás
Desta vez é unha competición de rás, usa a barra espaciadora para medir a distacia do salto e así evitar chocar contra os obstáculos.
25 novembro 2013
SuperCan
Todos os cadeliños foron secuestrados polo exercito malvado dos gatos. Axuda a SuperCan a salvar aos cadeliños que tan mal o están pasando. Recolle todos os ósos no camiño para poder pasar a seguinte pantalla.
24 novembro 2013
23 novembro 2013
O Xadréz
Xogo de taboleiro clásico que non pode quedar ninguén sen xogar. As xogadas van quedando escritas á dereita por se quixeras volver atrás.
22 novembro 2013
Bate no queixo
Golpea o queixo cun xamón para impedir que os ratos acaben con el. Con cada nivel os ratos saíran máis axiña polos buratos.
21 novembro 2013
Esquío en Cohete
Un esquío quere chegar as estrelas e dicide contruír un cohete. Axúdalle a conseguir o maior número de estrelas posible. Clica e o cohete comezará a xirar arredor do punto base máis preto. Evita caer.
20 novembro 2013
O ovo para Mamá
Axúdalle a Mamá Dinosaurio a levar o ovo de volta ao niño. Destrúe as plataformas e activa mecanismos para que o ovo chegue rodando o seu destino.
19 novembro 2013
Disparo de burbullas
Xoga a este divertido xogo no que terás que disparar burbullas e xuntar tres da mesma cor para facelas desaparecer. Remata coas burbullas antes de que cheguen abaixo de todo.
18 novembro 2013
TurboSpirit
Compite cunha moto de gran cilindrada en torneos por todo o mundo. Utiliza o rato para virar e clica o botón esquerdo para acelerar.
17 novembro 2013
MonsterTruck
Manexa esta impresionate monstertruck por riba de todo. Move cos cursores dereita e esquerda para equilibrar o peso do vehículo e lograr chegar ao final.
16 novembro 2013
PacMan
Xoga ao divertidísimo PacMan. Lembra, tes que comer todas as bolas brancas sen que te atrapen as pantasmas, as bolas grandes daranche inmunidade durante algúns segundos.
15 novembro 2013
Crocodilos e Parrulos
Destroza as caixas de madeira e consegue que o crocodilo caia sobre os parrulos todos. Pensa ben que caixas reventar pois o crocodilo baixa coa forza da gravidade.
14 novembro 2013
SweetLand
Move o mundo de SweetLand, dereita e esquerda, para que o pequeno globo rode coa gravidade. Atrapa todas as estrelas e os doces que podas para gañar máis puntuación.
13 novembro 2013
OffRoaders 2
Participa nunha compateción de coches nun cicuito pechedo. Acumula moitas moedas para facerte con novos coches.
12 novembro 2013
O cabaleiro e o Mago
Es o mago Merlín e tes que asegurarte de que o cabaleiro chague o portal dimensional. Para isto debes empregar o mouse e presionar click nos obxectos para eliminalos, engadilos ou movelos
11 novembro 2013
Super Invasores
Dispara sobre os Ovnis inimigos que veñen conquistar o teu planeta. Move o teu vehiculo dereita e esquerda esquivando o disparo inimigo mentres afinas a túa puntería.
10 novembro 2013
Coida o meu xardín
Moitos insectos uníronse e queren acabar co teu xardín. Planifica a defensa contra os insectos decidindo onde colocar cada planta tendo en conta as habilidades de cada unha. Impide que os insectos cheguen ao final.
Reino dos gatos
Axuda a este afouto micho a desfacerse de todos os inimigos antes de que destrúan a torre. A medida que subas de nivel poderás mellorar a torre e mercar armas novas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)